Inserción da tarxeta SIM e a batería
Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de
extraer a batería.
A tarxeta SIM e os seus contactos poderían danarse facilmente se a tarxeta se raia ou se
dobra, polo que debe ter coidado cando manipule, insira ou extraia a tarxeta.
1 Deslice a tapa posterior cara abaixo para extraela (1).
2 Retire a batería (2).
3 Insira a tarxeta SIM. Asegúrese de que a superficie de contacto estea orientada cara
a abaixo e que a esquina biselada da tarxeta SIM estea orientada cara á parte inferior
do dispositivo (3, 4, 5).
4 Volva colocar a batería e a tapa posterior (6, 7).