
Receptor GPS
Se o dispositivo dispón dun receptor GPS interno, pode utilizalo con Mapas.
28 Mapas

A utilización do receptor GPS interno pode esgotar a batería do dispositivo máis
rapidamente.
Usar un receptor GPS externo
1 Cargue completamente o receptor GPS compatible e acéndao.
2 Configure unha conexión Bluetooth entre o dispositivo e o receptor GPS.
3 Coloque o receptor GPS nunha posición na que non se obstaculice a visión do ceo.
4 Abra a aplicación Mapas e seleccione o receptor GPS externo.
A primeira conexión GPS pode tardar varios minutos en establecerse. As conexións
posteriores son máis rápidas, pero se non se utilizou o GPS durante varios días ou se se
atopa moi lonxe da última localización onde o utilizou, é posible que tarde uns minutos
en atopar un sinal de satélite potente.
Tamén pode empregar Mapas sen un receptor GPS para explorar mapas, buscar
enderezos e localizacións e planificar rutas.