Acerca de Mapas
Seleccione
Menú
>
Mapas
.
Mediante Mapas, é posible explorar mapas de diferentes cidades e países, buscar
enderezos e lugares de interese e ver a súa posición actual, se se atopa dispoñible.
Tamén pode planificar rutas e obter orientación para a navegación detallada.
Se hai mapas dispoñibles no seu dispositivo ou nunha tarxeta de memoria inserida,
pode buscalos sen utilizar unha conexión á Internet. Se navega ata unha zona non
cuberta polos mapas que xa se atopan descargados no seu dispositivo, descargarase
automaticamente un mapa correspondente á zona a través da Internet. É posible que
se lle solicite que seleccione un punto de acceso para empregar coa conexión á Internet.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a
través da rede do seu fornecedor de servizos. Se desexa obter información acerca das
tarifas de transmisión de datos, contacte co seu fornecedor de servizos.
É posible que algúns servizos non se atopen dispoñibles en todos os países e que tan
só estean dispoñibles en determinados idiomas.
Cando abra Mapas, seleccione unha das seguintes opcións:
Posición actual — Permite ver a súa localización actual.
Últim. situacións — Permite ver as localizacións buscadas.
Buscar enderezo — Permite buscar un enderezo específico.
Indicación para — Permite ver a dirección ata un destino, amosada en liña recta.
Situac. gardadas — Permite atopar unha localización gardada no dispositivo.
Planificar ruta — Permite planificar unha ruta.
Mapas 27
Axustes — Permite definir os axustes de Mapas.
Case toda a cartografía dixital é imprecisa e está incompleta ata certo punto. Nunca
confíe só na cartografía descargada para utilizarse neste dispositivo.