Memoria compartida
É posible que as seguintes funcións do dispositivo compartan memoria: mensaxes multimedia (MMS), aplicación de correo
electrónico, mensaxería instantánea. A utilización dunha ou máis destas funcións pode reducir a cantidade de memoria
dispoñible para o resto de funcións. Se o dispositivo amosa unha mensaxe na que se indica que a memoria está chea, elimine
parte da información que se atopa almacenada na memoria compartida.
Xestión dos dereitos dixitais
É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para
protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para
acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido protexido con WMDRM 10, OMA
DRM 1.0, OMA DRM 1.0 forward lock e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os
propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos
mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante
DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido
mediante DRM.