Nokia 2710 classic - Verbo da xestión dos dereitos dixitais

background image

Verbo da xestión dos dereitos dixitais
Cando utilice este dispositivo, respecte a lexislación e os costumes locais, a intimidade e os dereitos lexítimos das demais

persoas, incluídos os dereitos de autor. É posible que as leis de protección dos dereitos de autor non autoricen a copia,

modificación ou transferencia de imaxes, música e demais contido.

É posible que os propietarios de contidos utilicen diferentes tipos de tecnoloxías de xestión de dereitos dixitais (DRM) para

protexer a súa propiedade intelectual, incluídos os dereitos de autor. Este dispositivo utiliza varios tipos de software DRM para

acceder a contido protexido mediante DRM. Con este dispositivo é posible acceder a contido protexido con WMDRM 10, OMA

DRM 1.0, OMA DRM 1.0 forward lock e OMA DRM 2.0. Se un determinado software DRM non protexe o contido, é posible que os

propietarios do contido soliciten que se anule a capacidade do mencionado software de acceder a novos contidos protexidos

mediante DRM. Esta anulación pode tamén impedir a renovación do contido protexido que xa se atope no dispositivo, mediante

DRM. Esta anulación non afectará ao uso de contido protexido con outros tipos de DRM ou ao uso de contido non protexido

mediante DRM.

Os contidos protexidos mediante xestión dos dereitos dixitais (DRM) subminístranse cunha licenza asociada que define os seus

dereitos para utilizar o contido.

É posible que outros métodos de transferencia non transfiran as licenzas que é necesario recuperar co contido para que poida

continuar utilizando o contido protexido mediante OMA DRM despois de formatar a memoria do dispositivo. Tamén é posible

que necesite recuperar as licenzas en caso de que se danen os ficheiros do dispositivo.

Se o dispositivo dispón de contido protexido mediante WMDRM, tanto as licenzas como o contido perderanse se formata a

memoria do dispositivo. Tamén é posible que perda as licenzas e o contido se se danan os ficheiros do dispositivo. A perda das

36 Información do produto e de seguridade

background image

licenzas ou do contido pode limitar a súa capacidade para utilizar o mesmo contido no seu dispositivo de novo. Para obter máis

información, póñase en contacto co seu fornecedor de servizos.

É posible que algunhas licenzas estean ligadas a tarxetas SIM específicas, e que só poida acceder ao contido protexido se a

tarxeta SIM se atopa inserida no dispositivo.