Coidado do dispositivo
Manexe o dispositivo, a batería, o cargador e os accesorios con coidado. As seguintes suxestións axúdanlle a conservar a
cobertura da garantía.
•
Manteña o dispositivo seco. As precipitacións, a humidade e todos os tipos de líquidos poden conter minerais que
produzan a corrosión dos circuítos electrónicos. Se o dispositivo entra en contacto coa auga, retire a batería e agarde a
que o dispositivo se seque completamente antes de volver a colocala.
•
Non utilice nin almacene o dispositivo en lugares sucios ou poeirentos, xa que poderían producirse danos nas súas pezas
móbiles e nos compoñentes electrónicos.
•
Non garde o dispositivo a temperaturas elevadas. As temperaturas elevadas poden reducir a vida útil do dispositivo, danar
a batería e deformar ou derreter os plásticos.
•
Non garde o dispositivo en lugares fríos. Cando o dispositivo regrese á súa temperatura normal, é posible que se forme
humidade no interior do mesmo e que se produzan danos nos circuítos electrónicos.
•
Non intente abrir o dispositivo dun xeito distinto ao indicado nesta guía de usuario.
•
A utilización de modificacións non autorizadas pode danar o dispositivo e infrinxir a lexislación que regula o uso de
dispositivos de radio.
•
Non deixe caer, golpee nin axite o dispositivo. Un manexo brusco pode producir a rotura das placas dos circuítos e dos
mecanismos internos.
•
Utilice só un pano seco, suave e limpo para limpar a superficie do dispositivo.
•
Non pinte o dispositivo. A pintura pode atascar as pezas móbiles e impedir o funcionamento axeitado.
•
Apague o dispositivo e retire a batería de vez en cando para obter un rendemento óptimo.
•
Non acerque o seu dispositivo a imáns ou campos magnéticos.
•
Para manter os seus datos importantes seguros, almacéneos en polo menos dous lugares separados, por exemplo, no
seu dispositivo, na tarxeta de memoria ou no ordenador, ou escriba a información importante.