Nokia 2710 classic - Información sobre a batería e o cargador

background image

Información sobre a batería e o cargador
O dispositivo funciona cunha batería recargable. A batería deseñada para utilizarse co dispositivo é a BL-5C. Nokia pode fabricar

modelos de batería adicionais para este dispositivo. O dispositivo está deseñado para utilizarse cos seguintes cargadores:

AC-3. O número exacto do modelo do cargador pode variar dependendo do tipo de enchufe. O tipo de enchufe pode ser un dos

seguintes: E, EB, X, AR, U, A, C, K, ou UB.

A batería pode cargarse e descargarse centos de veces, pero finalmente, desgástase. Cando a duración da batería no modo de

espera e durante as conversas telefónicas se reduza considerablemente, substitúaa. Utilice unicamente baterías autorizadas

por Nokia e recárgueas unicamente con cargadores autorizados por Nokia deseñados para utilizarse con este dispositivo.

Se utiliza unha batería por primeira vez ou se esta non se utiliza dende hai moito tempo, é posible que sexa necesario conectar

o cargador, desconectalo e volvelo conectar para comezar a cargar a batería. Se a batería está completamente descargada, é

posible que teña que esperar varios minutos para poder efectuar chamadas e para poder visualizar o indicador de carga na

pantalla.

Extracción segura. Apague sempre o dispositivo e desconecte o cargador antes de extraer a batería.

Carga axeitada. Desconecte o cargador da toma de corrente e do dispositivo cando non o utilice. Non deixe unha batería

completamente cargada conectada a un cargador, xa que o exceso de carga pode reducir a súa vida útil. Se non se utilizan, as

baterías cargadas perden a súa carga co paso do tempo.

Evite someter o dispositivo a temperaturas extremas. Intente manter sempre a batería a unha temperatura comprendida entre

os 15ºC e os 25ºC. A exposición da batería a temperaturas extremas reduce a capacidade e a vida útil da mesma. É posible que

o dispositivo non funcione temporalmente se a batería está fría ou quente. O rendemento da batería é especialmente limitado

a temperaturas situadas por debaixo de 0ºC.

Non provoque curtocircuítos. É posible que se produzan curtocircuítos accidentais se un obxecto metálico, coma unha moeda,

un clip ou un bolígrafo provoca un contacto directo dos terminais positivo (+) e negativo (-) da batería. (Os terminais teñen o

aspecto de tiras metálicas na batería). Isto pode ocorrer, por exemplo, cando transporta unha batería de reposto no peto ou

no bolso. Os curtocircuítos nos terminais poden danar a batería ou o obxecto que realiza o contacto.

34 Información do produto e de seguridade

background image

Como desfacerse da unidade. Non bote as baterías ao lume, xa que poderían explotar. Respecte as normativas locais no

momento de desfacerse das baterías. Recicle as baterías cando sexa posible. Non as deposite en lugares destinados aos residuos

domésticos.

Fugas. Non desmonte, corte, abra, esmague, dobre, perfore nin triture as pilas nin as baterías. No caso de que se produza unha

fuga na batería, evite que o líquido da batería entre en contacto coa pel ou os ollos. Se isto sucede, lave as zonas afectadas

inmediatamente con auga ou acuda a un médico.

Danos. Non modifique, reconstrúa nin intente inserir obxectos estraños na batería, nin a expoña ou somerxa en auga ou outros

líquidos. As baterías poden explotar se están danadas.

Uso correcto. Utilice a batería unicamente para o uso para o que foi deseñada. O uso non axeitado da batería pode provocar

un incendio, unha explosión e outros perigos. Se deixa caer o dispositivo ou a batería, especialmente sobre unha superficie

dura, e cree que a batería puido quedar danada, envíea a un centro de servizo técnico para revisala antes de continuar

utilizándoa. Nunca utilice cargadores nin baterías danadas. Manteña a batería fóra do alcance dos nenos.

Información do produto e de seguridade 35