Contactos
Pode gardar os nomes e números de teléfono na memoria do dispositivo e na tarxeta
SIM. Na memoria do dispositivo pode gardar contactos con números e elementos de
texto. Os nomes e números gardados na tarxeta SIM indícanse por medio de .
Seleccione
Menú
>
Guía
>
Nomes
.
Para engadir un contacto
Seleccione
Opcións
>
Engad. novo contac.
.
Contactos 17
Para engadir información a un contacto
Asegúrese de que a memoria que está a utilizar é
Teléfono
ou
Teléfono e SIM
.
Desprácese ata un contacto e seleccione
Detalles
>
Opcións
>
Engadir detalle
.
Busca de contactos
Seleccione
Nomes
. Desprácese pola lista de contactos ou insira os primeiros caracteres
do nome do contacto.
Copiar un contacto entre a memoria do dispositivo e a tarxeta SIM
Seleccione
Nomes
, desprácese ata o contacto e seleccione
Opcións
>
Máis
>
Copiar
contacto
. Na tarxeta SIM, só se pode gardar un número de teléfono para cada nome.
Para seleccionar a tarxeta SIM ou a memoria do dispositivo para os contactos, para
seleccionar o xeito no que desexe que se amosen os nomes e os números na lista de
contactos e para ver a capacidade dispoñible na memoria para estes, seleccione
Axustes
e a opción axeitada.
Pode enviar e recibir información de contacto de calquera persoa como unha tarxeta
de visita dun dispositivo compatible con vCard estándar.
Para enviar unha tarxeta de visita
Seleccione un contacto,
Opcións
>
Máis
>
Tarxeta de visita
e o tipo de envío.
Rexistro de chamadas
Para ver información das súas chamadas, mensaxes, datos e sincronización, seleccione
Menú
>
Rexistro
e das opcións dispoñibles.
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de servizos
varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos impostos, etc.
Configuración
Perfís
Está agardando unha chamada pero non pode deixar que soe o dispositivo? Existen
varios grupos de axustes denominados perfís que se poden personalizar con tons de
chamada para diferentes eventos e contornos.
Seleccione
Menú
>
Axustes
>
Perfís
.
Seleccione o perfil desexado e unha das seguintes opcións:
Activar — Permite activar o perfil.
Personalizar — Permite modificar os axustes do perfil.