Nokia 2710 classic - Asistencia técnica

background image

Asistencia técnica

Se desexa obter máis información verbo do uso do seu produto ou se non está seguro

do funcionamento do seu teléfono, consulte a páxina www.nokia.com/support, ou se

está utilizando un dispositivo móbil, a páxina www.nokia.mobi/support.
Se así non se resolve o seu problema, tente unha das seguintes opcións:

Reinicie o dispositivo. Apague o dispositivo e saque a batería. Agarde un minuto

aproximadamente, volva colocar a batería e acenda o dispositivo.

Restaure os axustes orixinais de fábrica.

Actualice o software do dispositivo.

Se continúa sen resolverse o problema, póñase en contacto con Nokia para obter

información acerca doutras opcións de reparación. Consulte a páxina www.nokia.com/

repair. Antes de enviar o dispositivo a reparar, garde sempre unha copia de seguridade

dos datos do dispositivo.